Cultura
Equipamentos culturais
Casa da cultura
(FOTO 1)
| Enderezo | Tallós, 28 (Praza dos Emigrantes). 15981, Dodro (A Coruña) |
|---|---|
| Teléfono | 981 80 24 72 |
| Correo electrónico | cultura@dodro.gal |
| Horario | Inverno - De luns a venres Mañás: 10.00 - 15.00 h Tardes: 15.30 - 19.00 h |
| Horario | Verán (xullo-agosto) - De luns a venres Mañás: 10.00 - 16.00 h |
Servizos
Biblioteca pública municipal
(FOTO 2)
| Enderezo | Casa da Cultura de Dodro. Tallós, 28 (Praza dos Emigrantes). 15981, Dodro (A Coruña) |
|---|---|
| Teléfono | 981 80 24 72 |
| Correo electrónico | biblioteca@dodro.gal |
| Horario | Inverno - De luns a venres Mañás: 10.00 - 15.00 h Tardes: 15.30 - 19.00 h |
| Horario | Verán (xullo-agosto) - De luns a venres Mañás: 10.00 - 16.00 h |
Instalacións
A biblioteca localízase na Casa da Cultura de Dodro e as súas instalacións distribúense do seguinte xeito, na planta baixa atópase a oficina de atención ao público e a sala de lectura ou sala xeral. Na planta superior hai unha sala de estudo.
Fondos/ seccións/ coleccións
A Biblioteca dispón dunha ampla colección de documentos: libros, materiais audiovisuais, revistas e prensa. Estes fondos son de libre acceso e están situados dentro das distintas seccións nas que se divide a biblioteca:
- Literatura
Integrado por materiais de distintos xéneros (narrativa, teatro, poesía e ensaio) dirixido a distintos públicos (infancia, xuvenil, persoas adultas). - Comicteca
Reúne cómics de todos os xéneros (aventuras, novela gráfica, humor, fantasía, ciencia ficción...) e para distintos segmentos de público. Ten unha presenza especial o cómic galego, aínda que tamén temos cómics americanos, españois, europeos, hispanoamericanos e manga. - Hemeroteca
Nesta sección podemos atopar para consulta en sala, prensa local e rexional así como revistas especializadas en diversas temáticas. - Fondo Local
Formado por distintos materiais (libros, revistas, audiovisuais...) que conteñen toda a información relativa a Dodro e a Comarca do Sar. - Fondo Accesible
Nesta sección localízanse materiais de lectura adaptados para persoas con diversos tipos de discapacidade (visual, auditiva, cognitiva o motriz) ou dificultades de lectura. - Femiteca
Formado por libros e materiais con perspectiva de xénero, feminismo e estudos sobre mulleres e diversidades.
Servizos
- Servizo de préstamo.
O servizo de préstamo que ofrece ao público a posibilidade de ler ou consultar, durante un tempo determinado e baixo unhas condicións específicas para cada tipo de material, os documentos “prestables” da biblioteca. - Servizo de consulta en sala
Este servizo está especialmente dirixido á consulta dos documentos que non se prestan a domicilio (dicionarios, enciclopedias, anuarios, atlas e outros documentos de información xeral). - Galicia Le
Servizo de préstamo temporal de obras (libros, revistas, audiolibros e películas) en formato dixital das bibliotecas públicas galegas. - Servizo de internet e ofimática (wifi)
A biblioteca proporciona acceso gratuíto á Internet a través dos equipos informáticos dispoñibles na aula municipal de informática, anexa á sala de lectura, e mediante conexión WIFI, a cal permite usar libremente e de xeito privado as fontes e tecnoloxías da información. - Servizo de informacíón e referencia
Este servizo ofrece información sobre a propia biblioteca e apoia as persoas usuarias na resolución das súas necesidades informativas específicas. - Reserva de instalacións
A través deste servizo, a biblioteca pon a disposición da cidadanía as súas instalacións coa finalidade de propiciar o intercambio e a difusión cultural e a integración social, converténdose así nun espazo de participación e encontro dos membros da comunidade. - Buzón de devolución exterior (proximamente)
Servizo que permite ás persoas usuarias da Biblioteca retornar os materiaiss prestados (libros, revistas ou outros documentos) as 24 horas do día, os 7 días da semana, sen depender do horario de apertura da instalación.
Actividades
- Clubs de Lectura
- Animación á lectura
- Promoción da Lingua
- Presentacións literarias
- Mostras bibliográficas e exposicións monográficas (novidades editoriais, autores/as destacados/as, efemérides...)
- Celebración de efemérides literarias (Día do Libro, Día das Bibliotecas, Día das Letras Galegas...)
- Actividades formativas ou culturais
- Proxeccións de audiovisuais
Aula municipal de informática
(FOTO 3)
| Enderezo | Casa da Cultura de Dodro. Tallós, 28 (Praza dos Emigrantes). 15981, Dodro (A Coruña) |
|---|---|
| Teléfono | 981 80 24 72 |
| Horario | Inverno - De luns a venres Mañás: 10.00 - 15.00 h Tardes: 15.30 - 19.00 h |
| Horario | Verán (xullo-agosto) - De luns a venres Mañás: 10.00 - 16.00 h |
A Aula Municipal de Informática localízase na Casa da Cultura de Dodro, nunha aula anexa á sala de lectura da Biblioteca Pública Municipal, está dotada con seis equipos informáticos e dispón de conexión a internet e unha impresora.
Servizos
- Cursos de albetización dixital, ofimática e novas tecnoloxías
- Formación para a inserción laboral
- Aula aberta ou acceso libre á cidadanía para consulta e xestións de trámites electrónicos
Locais Socioculturais de titularidade Municipal
Equipamentos de uso comunitario e titularidade municipal, onde se organizan actividades dirixidas ao fomento da convivencia e participación veciñal a través de actividades culturais, formativas, de ocio e de lecer e de promoción da sáude e benestar.
1. Escola Avelino Abuín de Tembra
(FOTO 4)
| Enderezo | Escola Avelino Abuín de Tembra (Antiga Escola de Imo), Imo, 15982, Dodro (A Coruña) |
|---|---|
| Información sobre solicitude de préstamo e uso das instalacións | 981 80 24 72 |
Instalacións
O local ten dúas plantas comunicado por unhas escaleiras interiores. Na planta baixa localízase unha aula de formación que, ademais, acolle a Biblioteca Abuín de Tembra na que entre outros fondos bibliográficos podemos atopar unha colección de publicacións e escritos do intelectual e activista cultural nado en Imo (Dodro). Na planta superior hai outras dúas aulas, unha delas dotada con cociña. A Escola conta con baños e aseos para as/os usuarias/os nos dous pisos.
Actividades
- Actividades formativas e culturais
- Actividades de ocio, saúde e benestar
- Reunións veciñais
2. Local Social de Teaio (antiga escola)
(FOTO 5)
| Enderezo | Antiga Escola de Teaio, Teaio, 15982, Dodro (A Coruña) |
|---|---|
| Información sobre solicitude de préstamo e uso das instalacións | 981 80 24 72 |
Instalacións
Na planta baixa da Antiga Escola de Teaio localízase unha aula de formación e uns aseos, instalacións que se utilizan para o desenvolvemento de diversas actuacións comunitarias.
Actividades
- Actividades formativas e culturais
- Actividades de ocio, saúde e benestar
- Reunións veciñais
3. Local social de Traxeito (antiga escola)
(FOTO 6)
| Enderezo | Antiga Escola de Traxeito, Traxeito, 15981, Dodro (A Coruña) |
|---|---|
| Información sobre solicitude de préstamo e uso das instalacións | 981 80 24 72 |
Instalacións
A planta baixa da Antiga Escola de Traxeito dispón dunha aula de formación e duns aseos, dependencias que se empregan para o desenvolvemento de diversas actuacións comunitarias.
Actividades
- Actividades formativas e culturais
- Actividades de ocio, saúde e benestar
- Reunións veciñais
4. Local social de Bexo
(FOTO 7)
| Enderezo | Local Social de Bexo, Bexo, 15982, Dodro (A Coruña) |
|---|---|
| Información sobre solicitude de préstamo e uso das instalacións | 981 80 24 72 |
Instalacións
O local social de Bexo atópase anexo á actual Escola Unitaria desta poboación. As súas instalacións dispoñen de un aula e un aseo que se utilizan para diversas actividades comunitarias.
Actividades
- Actividades formativas e culturais
- Actividades de ocio, saúde e benestar
- Reunións veciñais
5. Casa do campo da escola – Lestrobe (en proxecto)
(FOTO 8)
| Enderezo | Casa do Campo da Escola, Lestrobe, 15916, Dodro (A Coruña) |
|---|---|
| Información sobre solicitude de préstamo e uso das instalacións | 981 80 24 72 |
Neste local están proxectadas unha serie de obras encamiñadas á posta en marcha dun local sociocomunitario na aldea de Lestrobe, que dote á veciñanza dun espazo ou lugar no que acoller distintas actividades comunitarias.
6. Centro de artes escénicas de Dodro (proximamente)
(FOTO 9)
Equipamento cultural acondicionado para a celebración da eventos artísticos como espectáculos nusicais, teatrais, conferencias, exposicións ou proxeccións cinematográficas. Dispón de dúas plantas e ten un aforo ou capacidade para un público de ata 70 persoas.
| Enderezo | Centro de Artes Escénicas de Dodro, A Igrexa-Laíño, 15981, Dodro (A Coruña) |
|---|---|
| Información sobre solicitude de préstamo e uso das instalacións | 981 80 24 72 |
Premio de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón
(FOTO 10)
O Concello de Dodro crea o Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón no ano 1988, a petición do escritor Avelino Abuín de Tembra, co obxectivo de “honrar a memoria do poeta Eusebio Lorenzo Baleirón, natural deste municipio e prematuramente desaparecido, e para contribuír á reafirmación da lírica galega tan importante na historia cultural de Galicia”. Incialmente está dotado cunha modesta cantidade económica, en concreto, 125.000 pesetas, e a figura dun boi de cerámica de Sargadelos.
Na actualidade, logo de trinta e nove convocatorias sucesivas, este certame converteuse nun dos referentes da creación poética galega e constitúe un dos máis antigos da nosa lingua. A súa dotación económica é de 2.500 € e o Concello de Dodro publica, ademais, o libro de poemas galardoado, o que supón para os/as gañadores/as o recoñecemento público, por esta razón, convocatoria tras convocatoria, reúne tanto a autores/as xa consagrados/as na historia recente da Literatura Galega como a novos valores emerxentes. A nómina de poetas distinguidos ao longo da súa traxectoria é a seguinte:
| Edición | Ano | Obra | Autor/a |
|---|---|---|---|
| I | 1988 | O matiz esmeralda na sombra | Xosé Manuel López “Ardeiro” |
| II | 1989 | Fábrica íntima | Gonzalo Navaza |
| III | 1990 | Alba no muro | Xavier Rodríguez Barrio |
| IV | 1991 | Nas hedras da clepsidra | Helena Villar Janeiro |
| V | 1992 | Asoladamente o teu nome | Palmira G. Boullosa |
| VI | 1993 | Fruto do teixo | Xabier Cordal Fustes |
| VII | 1994 | Palabras no espello | Xosé M. Millán Otero |
| VIII | 1995 | Amantes e viaxeiros | Xosé Miranda |
| IX | 1996 | Dende unha nada núa | Isidro Novo |
| X | 1997 | As entrañas horas | Emma Couceiro |
| XI | 1998 | Teoría do lugar | Estevo Creus |
| XII | 1999 | Grimorio | Emma Pedreira |
| XIII | 2000 | Acaso o inverno | Carlos Penela |
| XIV | 2001 | Tránsito da auga | Xosé Lois Rúa |
| XV | 2002 | Caderno apócrifo da pequena defunta | Eduardo Estévez |
| XVI | 2003 | Zoonose | María Comesaña |
| XVII | 2004 | Azul e extranxeira | Lupe Gómez |
| XVIII | 2005 | Fanerógama | Mariña Pérez Rei |
| XIX | 2006 | Escoración dos días | Rafa Villar |
| XX | 2007 | Código poético | María Neves Soutelo |
| XXI | 2008 | Cando menos, a derrota | Xabier Xil Xardón |
| XXII | 2009 | Conservas | Xosé Daniel Costas Currás |
| XXIII | 2010 | Fedor | Luís Valle Regueiro |
| XXIV | 2011 | Con gume de folla húmida | Isaac Xubín |
| XXV | 2012 | Viaxe ao interior da fenda | Serxio Iglesias |
| XXVI | 2013 | As paisaxes eléctricas | Cristina Ferreiro Real |
| XXVII | 2014 | Zonas de Tránsito | Ramon Neto |
| XXVIII | 2015 | Fornelos & Fornelos, segunda fundación | Xerardo Quintiá |
| XXIX | 2016 | Se pedra na brétema | Ramón Blanco Fernández |
| XXX | 2017 | O lugar que non hai | Estevo Creus Andrade |
| XXXI | 2018 | Ese tépedo vento que pasa sobre o mundo | Carlos Penela |
| XXXII | 2019 | Voz do arqueiro | Antón Blanco Casás |
| XXXIII | 2020 | Urda | Francisco Valeiras González |
| XXXIV | 2021 | Clepsidras | Inma López Silva |
| XXXV | 2022 | Neve | Brenda Mondelo |
| XXXVI | 2023 | Palabras do sur | Manuel López Rodríguez |
| XXXVII | 2024 | Himno nacional | Miguel Cavadas |
| XXXVIII | 2025 | Upupú | Inés Mosquera Calvo |
Eusebio Lorenzo Baleirón é un referente da creación poética galega tanto para autores/as consagrados/as como para os novos valores. Como tamén o é o premio que leva o seu nome, un dos máis antigos de Galicia, e que trinta e nove anos despois da súa creación segue servindo de estímulo á produción lírica na nosa lingua.
Para o Concello de Dodro é un orgullo desfrutar ao poeta como embaixador cultural e que el e a súa escrita sexan motivo de coñecemento do seu territorio, da súa comunidade, do seu patrimonio e identidade.
Persoeiros
(VER A SEGUINTE FONTE: https://2020.terrasdeiria.com/dodro.html )
Eusebio Lorenzo Baleirón
(FOTO 11)
Eusebio Lorenzo Baleirón naceu o 25 de xaneiro de 1962, en Tarrío (Dodro). Fórmase na escola unitaria de Chenlo. Entre 1976 e 1980 cursa bacharelato en Padrón, onde animado polo o seu profesor, o escritor Bernardino Graña, escribe as súas primeiras narracións e poemas e gaña varios concursos literarios.
No ano 1980 comeza a estudar Filoloxía Galega-Portuguesa na Universidade de Santiago de Compostela. Alí crea amizade cun grupo de poetas xóvenes coma él: Paulino Vázquez, David Pérez Iglesias e Manuel Forcadela xunto con Román Raña ou Chema Bouzón, cos que creará a Xeración Poética dos Oitenta. Logo, no ano 1984, grazas a unha bolsa de estudos, fórmase en Lisboa, onde coñece ó poeta Antonio Ramos Rosa, sobre quen valora a posibilidade de elaborar a súa tese. O ano seguinte licénciase e exerce a docencia no Carballiño.
No ano 1986 detéctaselle unha doenza incurable, aínda así, aproba a oposición como mestre de Lingua e Literatura Galega e incorpórase ao instituto de Boiro, onde apenas pode exercer o seu labor. Falece en Laíño na madrugada do 14 de decembro de 1986, aos 24 anos de idade.
A traxectoria literaria de Eusebio Lorenzo Baleirón foi vertixinosa debido a súa morte prematura pero a memoria do autor segue viva grazas aos seus escritos. Dos seus fitos literarios destacan os seguintes:
| Ano | Fitos |
|---|---|
| 1981 | Escribe o seu primeiro libro de poemas Libro dos días e das noites |
| 1982 | Publica algunhas das súas composicións en Dorna, revista de expresión poética galega Queda finalista do Premio Esquío de poesía con “Herdanza da néboa” |
| 1983 | Gaña o Concurso de poesía O Facho cun poema dedicado a Álvaro Cunqueiro Publica poemas nas revistas literarias Dorna, Grial e Prisma Cabral (pertencente á Universidade de Maryland, USA) Participa no disco en formato LP Rosalía na voz dos poetas xunto a Ramiro Fonte, Avilés de Taramancos... Resulta finalista do Premio Esquío de poesía con Tránsito dos días |
| 1984 | Acada o segundo premio no Celso Emilio Ferreiro do Concello de Vigo co libro Os días olvidados Gaña o certame Celso Emilio Ferreiro do Concello de Santiago co poemario Os ollos no camiño Resulta finalista do Premio Esquío de poesía con O corpo e as sombras |
| 1985 | Publica novos poemas e artigos de crítica literaria en diferentes números da revista Grial Presenta o libro O ano da morte de Ricardo Reis Publica as obras Os días olvidados e O corpo e as sombras Resulta finalista do Premio Esquío de poesía con Gramática do silencio |
| 1986 | Colabora no libro de texto Galego /(Ed. Vía Lactea) Publica O libro das viaxes e dos soños (Ed. Vía Láctea), prosa poética de lectura obrigada en centros escolares Empeza a traballar no seu derradeiro libro A morte presentida a partir do poemario Gramática do silencio Resulta finalista do Premio Esquío de poesía con A morte presentida |
| 1987 | Publícase en Grial un artigo seu sobre Herba de aquí e de acolá de Cunqueiro Aparecen artigos sobre súa obra así como poemas seus en diferentes xornais e revistas: Nó, A Nosa Terra, La Voz de Galicia, El Correo Gallego... Os seus compañeiros da revista Dorna dedícanlle en homenaxeo número 12 da publicación na que aparecen algúns poemas inéditos |
| 1988 | Publícase de xeito póstumo A morte presentida |
| 1996 | No décimo aniversario da súa morte edítase Gramática do silencio. Obra poética, volume -con debuxos de Ramos Rosa- no que se recolle ademáis da obra publicada anteriormente, todos os seus poemas dispersos e inéditos, na parte titulada Poesía reunida (1981-1986) |
| 2000 | Sae á luz Antología Poética (Espiral Maior 2000) unha selección da súa obra na versión bilingüe galego-español |
| 2007 | Gramática do silencio, publícase en Rinoceronte Editora coa tradución ao español de Moisés Barcia e Penélope Pedreira |
| 2017 | Foi proposto como candidato á figura homenaxeada no Día das Letras Galegas 2018 |
Mocidade
Equipamento Oficina de Información Xuvenil (OMIX)
(FOTO 12)
| Enderezo | Casa da Cultura de Dodro. Tallós, 28 (Praza dos Emigrantes). 15981, Dodro (A Coruña) |
|---|---|
| Teléfono | 981 80 24 72 |
| Horario | Inverno - De luns a venres Mañás: 10.00 - 15.00 h Tardes: 15.30 - 19.00 h |
| Horario | Verán (xullo-agosto) - De luns a venres Mañás: 10.00 - 16.00 h |
A OMIX de Dodro localízase na planta baixa da Casa da Cultura, na oficina de atención ao público
Servizos
- Información sobre temáticas de interese para a mocidade (formación, actividades, bolsas e axudas, emprego, voluntariado, carnés…)
Patrimonio
(VER A SEGUINTE FONTE: https://2020.terrasdeiria.com/dodro.html )
